Saturday, April 29, 2023
Crónica - PUNTADAS SEN FÍO - Encontro Mundial de Humorismo por SIRO Lopez (in Voz de Galicia)
Son as siglas do Encontro Mundial de Humorismo que, dirixido por Luis Piedrahita, celebra esta semana a terceira edición na Coruña. A de 2022, con máis de sesenta espectáculos, tivo 19.000 asistentes de todas as idades; e na deste ano hainos coas localidades vendidas desde hai meses.
A min non me sorprende o éxito
do encontro porque, ademais de estar moi ben organizado, os galegos temos tan
intensa vivencia do humor que con razón se ten por unha peculiaridade esencial
da nosa personalidade. Na Sonata de inverno, o marqués de Bradomín fala
cun bispo que tenta convencelo de que escriba unhas memorias que sexan
confesión, arrepentimento e exemplo para outros pecadores, pero o marqués
respóndelle: ?Yo no aspiro a enseñar, sino a divertir. Toda mi doctrina está en
una sola frase: «¡Viva la bagatela!».
E engade: ?Para mí, haber
aprendido a sonreír es la mayor conquista de la humanidad.
O bispo, molesto, remata a
conversa cunha advertencia: ?Procure no condenarse por bagatela. En el infierno
debió haberse sonreído siempre.
E tamén aquí, na Terra, des que
sabemos separar o gran da palla na colleita do humor. Sempre haberá inimigos da
risa, pero o humor intelixente permítenos tratarmos os temas máis ensarillados,
mesmo en materia de fe relixiosa:
Conversaban san Pedro e Xesús na
porta do ceo cando o porteiro tivo unha necesidade urxente e Xesús quedou coas
chaves. Ao pouco apareceu un velliño que lle explicou: ?Fun carpinteiro e tiven
un fillo que amei moito, pero un día marchou polo mundo. Eu busqueino e en
todas partes a xente falábame del, pero nunca o atopei. Agora teño a esperanza
de velo aquí.
Xesús, emocionadísimo, botouse a
el cos brazos abertos: ?Pai!
E o vello, con idéntica emoción:
?Pinocho!
O mesmo ocorre coa
homosexualidade, onde tan doado é ferir sensibilidades:
Dous gais viaxan de noite en
avión e un proponlle ao outro: ?Botamos un quiqui?
?Pero non ves que o avión vai
cheo?
?Dormen todos. Verás.
Ponse en pé e berra: ?¿Alguien
tiene un lápiz?
Ninguén contesta.
?Ves como dormen?
Botan o quiqui e cabo
dun anaco a azafata fai un percorrido polo avión e ve un velliño tremelicando.
?¿Qué le pasa? ¿Tiene frío? ?pregúntalle.
?Sí ?responde o vello
batendo dente con dente.
?¿Pero cómo no pidió una manta?
?¿Una manta??resposta o
vello?. ¡Ahí uno pidió un lápiz y le dieron por el culo...!
Non ten volta: o humor é un
esperanto entre a xente de boa vontade. Benvido sexa o EMHU.