Wednesday, January 01, 2025

Cartões de Feliz ano novo de 2025 de amigos - Alexander Dubovsky / Hossein Kazem / L'ubomir Kotrha / Ramses Morales Isquierdo / René Bouschet / Roman Peshkov / Ruibal Piai / Stane Jagodic / Traxeler, Christine / Ugo Sajini




 


Cartões de Feliz ano novo de 2025 de amigos - Vladimiras Beresniovas (Vlaber)


 


Tuesday, December 31, 2024

Cartões de Feliz ano novo de 2025 de amigos - Angel Boligan / Nani Mosquera / Nestor Damaso del Pino / Nicoleta Ionescu / Nikolay Sviridenko / Olivera & Predrag Srbljanin Happy Cozy Holidays / Olivera & Predrag Srbljanin Xmas in a Perfect World / Pendong Lou / Per Marquard Otzen / Peter Puszta



 


Monday, December 30, 2024

Feliz Nadal por Siro Lopez (in Voz de Galicia)

Teño amigos que celebran o Nadal como a festa relixiosa máis importante do calendario litúrxico por conmemorar o nacemento do Salvador, e amigos que por distintas razóns renegan del e desexan que pase axiña, canto antes. Entre uns e outros andamos os que o celebramos como a festa da familia e facemos o posible e ata o imposible por xuntármonos avós, fillos, netos e bisnetos. Entón compartimos bicos, apertas e décimos de lotería; medio afogamos coas uvas para seguirmos o ritmo das badaladas a noite de Ano Vello e, por fin, intercambiamos agasallos o día de Reis despois de deixarmos pola noite un zapato na xanela. É un xogo, claro; un xogo de nenos, que a festa para os nenos é, pero a min non me custa xogalo porque o neno que fun vive en min e morrerá comigo. Por iso encántame celebrar o Nadal coa miña xente e sentir a nostalxia das ceas familiares de Noiteboa e Ano Vello na casa dos meus pais, nun ambiente de alegría que estoupaba en cancións ferrolás cantadas a coro. Aí sempre miña nai enxugaba con disimulo unha bágoa polo fillo maior, con familia propia en Madrid, que mandara unha tarxeta postal cariñosísima lamentando non poder vir porque daquela Madrid estaba a carón de San Petersburgo.

O Réxime ía de fábula. Os millóns de traballadores acollidos no Sindicato Vertical nomearan a Franco «el primero y más eficaz de los obreros de España»; a Virxe María aparecíase un día si e outro tamén a nenas das zonas rurais, e xurdían inventores xeniais que en breve fabricarían gasolina con herbas e plantas, e motores de auga. O futuro era esplendoroso, pero de momento había fame e pobres vergonzantes, e Wenceslao Fernández Flórez falou nun conto de Nadal dun matrimonio que pasou varias noites cacarexando a carón das ventás para que os veciños cresen que tiñan galiñas na casa.

Eu perdín a voz e xa non podo cantar, pero amo o canto e admiro os bos cantores. Cando escribía este texto souben que Raphael convalece dun accidente cerebro vascular. Antes, o 3 de outubro, á cantante cubana Omara Portuondo, de 94 anos, pasoulle algo semellante nun concerto en Barcelona, e anunciou a retirada. Hai moito que deixei de ser fan de Raphael, pero este ano, antes da cea de Noiteboa, escoitarei coas miñas netas O tamborileiro e a marabillosa versión que Omara Portuondo e Haydée Milanés, filla de Pablo Milanés, fixeron da canción Yolanda, en 2017. Recoméndollela.

Moi felices festas.


Cartões de Boas Festas e Feliz Ano Novo de 2025 de amigos: Alexander Shmidt / Boris Erenburg / Boria Erenburg / Bernard Bouton / Kal / Klaus Pitter / Liu Chia-hui / Livia Stanila / Makhmudjon Eshonkulov / Marco d'Angeli / Marina Gorelova / Marlene Pohle








 


Sunday, December 29, 2024

Cartões de Boas Festas e Feliz ano novo 2025 dos amigos: Joaquim Carvalho / José Gomes / José Gomes / Luis Afonso / Nuno Sat'Ana / Manuel Freire / Paulo Fernandes


This page is powered by Blogger. Isn't yours?