Saturday, July 20, 2019

Puntadas sen fío - O humor de Fleming por Siro (in Voz de Galicia)


Chegoume un wasap cunha história preciosa: un labrego escocés escoitou voces angustiosas no pantano próximo, correu a prestar axuda e conseguiu rescatar un rapaz medio afundido na lama. Á mañá seguinte recibiu a visita dun cabaleiro disposto a recompensalo economicamente por salvar o fillo e, como o labrego se negara, pediu ocuparse da educación do picariño, que os observaba con ollos enormes; sétimo dos oito irmáns e medios irmáns, prole do labrego. Era o ano 1888 e aquel neno, chamado Alexander Fleming, recibiría en 1945 o premio Nobel polas súas achegas ao descubrimento da penicilina, que salvou miles de vidas, entre elas a de Winston Churchill, o rapaz que correra o perigo de morrer no pantano.
Si, a historia é preciosa e emotiva, pero falsa. Argallouna Fleming, grandísimo bromista. Nunha visita a Italia, en 1949, pasou varios días nunha histórica mansión da Toscana con importantes personalidades da cultura italiana, convidados polos propietarios, e houbo de tolealos a todos co seu sentido do humor. Contouno o xornalista Indro Montanelli, que acudira para facerlle unha entrevista. Fleming chegou á cea de recepción con esmoquin e o distintivo da Lexión de Honra na solapa, espatarrouse nunha tumbona e comentou: «Ah, como me gusta a vida rústica, sen formalismos!».
Durante a cea, Montanelli comezou un discreto interrogatorio: «Dixéronme que é vostede un gran xogador de golf». Fleming puxo cara de asombro e respondeu: «Quen, eu? Que va! De mozo xoguei algo, pero moi mal». Montanelli, desconcertado, seguiu coa práctica deportiva: «Pero si é un gran nadador». Outra vez Fleming puxo cara de pasmo e negou: «Quen, eu? Que va! En tempos nadaba uns poucos metros, pero nada máis». Montanelli, atordado, preguntoulle polo seu amigo Churchill, pero a resposta de Fleming foi máis desacougante: «Eu non son amigo de Churchill. Vino un par de veces, por casualidade». O silencio na mesa era absoluto cando Montanelli preguntou con voz tremelante: «Señor Fleming, é vostede o inventor da penicilina?» Fleming negou coa cabeza, mentres engulía un anaco de pastel; logo pronunciou un «non» e seguiu remoendo. Por fin, tragou, limpou os beizos co pano de mesa e engadiu: «Son só o descubridor».
Á mañá seguinte Montanelli e outro invitado, xornalista tamén, viron a Fleming facer virguerías no campo de golf. Tentaron seguilo, pero ía tan rápido que quedaron sen alento e, ao volver, atopárono no trampolín da piscina. Lanzouse coma una frecha ascendente, xirou no aire e entrou na auga con perfecta verticalidade; pero pasaban os segundos e non saía: dez, trinta, un minuto, minuto e medio… Montanelli e o colega estaban ao borde do infarto cando Fleming asomou a cabeza e berroulles: «Queredes saber como inventei a penicilina e como curei ao meu amigo Churchill? Pois escribide…».
Un ano antes Fleming estivera en España e celebrara que nos prostíbulos de Sevilla se venerasen as súas fotos como as imaxes dos santos, e nas bodegas de Pedro Domecq comentou: «Eu descubrín un fungo que cura enfermos, pero vostedes descubriron outro que resucita os mortos».
En 1946 advertiu de que o uso abusivo da penicilina crearía bacterias resistentes, pero ninguén lle fixo caso. Quizais porque falaba en serio.

Thursday, July 18, 2019

“Homem na Lua” de Onofre Varela no Museu de Imprensa do Porto inaugura dia 20 de Junho pelas 18h




A exposição das pranchas originais do livro de Banda Desenhada Homem na Lua, de Onofre Varela, contando a odisseia do Homem na conquista do espaço até à alunagem dos astronautas Neil Armstrong e Buzz Aldrin, na noite de 20 de Julho, com saída para o solo lunar na madrugada do dia 21 (faz agora 50 anos) vai ser inaugurada no próximo dia 20 (Sábado) no Museu Nacional de Imprensa do Porto (Estrada Marginal, Freixo, junto à marina) às 18 horas.
A exposição manter-se-à patente ao público, sete dias por semana, até 30 de Setembro. Nesse mesmo dia será lançado para os quiosques (pelos Diário Noticias e Jornal de Noticias) dos jornais o respectivo álbum


This page is powered by Blogger. Isn't yours?