Saturday, December 29, 2018

Happy Holidays and Happy New Year from friends in cartoon

Carlos Amorim

Arsen Gevorgyam
Musa Kayra
Peter Zavacky
Peter Zavacky
Qasim Qapalam
Semerenko
Stefan Jagodic
Stafan Provijn
Toso Borkovic
Yalda Hashemizhad

Monday, December 24, 2018

Happy Holidays and Happy New Year from friends in cartoon

 Elena Ospina
 Francisco Puñal Suarez
 Gio
 Jesus Carreño
 Kempeneers
 Lubomir Kotrha
  Lubomir Kotrha
 Marco de Angelis
 Marian Lupu
 Mikhail Zlatkovsky
 José Monginho
 Nestor Damaso
 Omar Perez
 Paulo Fernandes
 Pedro Ribeiro ferreira
 Philippe Bossens
 Quing Yang
 Renée Bouschet
 Siro Lopez
 Stefaan Provijn
 Ugo Sagini
 Valery Aleksandrov
Zé Oliveira

Sunday, December 23, 2018

Noite de Paz por Siro Lopez (in Voz de Galicia)


Despois que o anxo anunciara aos pastores o nacemento de Xesús en Belén, baixaron do empíreo os exércitos celestiais e loaron a Deus dicindo: «Gloria a Deus nas alturas e paz na terra á xente de boa vontade». Cando marcharon todos, os pastores comentaron, pachorrudos: «Pois iremos ver logo que pasou». E foron.
En cascar trolas, a Lucas o evanxelista non hai quen o iguale; pero mente bonito e, aínda que as voces celestiais non valesen de moito, aquela noite que imaxinou segue a ser para crentes e xente de boa vontade a Noite de Paz. Así a sentiu Joseph Mohr, mozo crego austríaco, ao escribir un poema con ese título e levarllo ao organista Franz Xaver Gruber para que o musicase e nacese unha panxoliña, estreada o 24 de Nadal de 1818, que, desde 2011, é patrimonio da humanidade.
Na Primeira Guerra Mundial os exércitos británico e alemán acordaron unha tregua o 24 de Nadal de 1914 e, á noite, nas dúas trincheiras cantouse “Noite de Paz” en cadanseu idioma. Os altos mandos, enrabechados, tomaron medidas para que a experiencia non se repetise nos seguintes anos. Na Segunda, en 1944, despois do desembarco de Normandía, os alemáns lanzaron a chamada ofensiva das Ardenas, en Bélxica, e causaron o caos nos aliados. Tres soldados americanos -un deles ferido- perdéronse no bosque Hurtgen baixo forte nevada e o 24 de Nadal chegaron a unha chabola, na que Elisabeth Vincken e o fillo Fritz, de 12 anos, arranxaban a cea. Malia o perigo que supuña, a muller acolleunos e mentres curaba o ferido entraron catro soldados alemáns. Todos berraban apuntándose coas armas ata que a muller se interpuxo e afirmou: «Ninguén vai disparar aquí, porque imos compartir a cea e a calor do lume!». Fritz Vincken contou a historia na revista americana Reader’s Digest, pero quen a deu a coñecer internacionalmente foi Reagan, en 1985, nun discurso na Base Aérea dos EUA en Bitburg, Alemaña. Fritz e un daqueles soldados, Ralph Blank, reencontraríanse en 1996, pasados 52 anos.
Na Guerra Civil española non houbo treguas no Nadal e si batallas cruentas e execucións de vencidos, en ambos os bandos. Propúxolla a Franco, en 1938, o nuncio Gaetano Cicognani, pero sen éxito; en troques hóuboas en distintas épocas do ano para que republicanos e nacionais se enfrontasen en partidos de fútbol, a outra relixión ou o outro opio do pobo, segundo se mire.
Nin para celebrar o Nadal, nin para xogar ao fútbol hai tregua na guerra dialéctica entre independentistas e constitucionalistas en Cataluña. Por terceiro ano consecutivo a alcaldesa de Barcelona sorprendeu á cidadanía cun belén non tradicional na praza de Sant Jaume, e por terceiro ano portavoces do PP e de C’s acúsana de aldraxar os católicos. A cordura púxoa o arcebispo ao declarar que respecta o «belén laico» de Colau, aínda que preferiría «un máis entendible». Claro, coma o que a Asociación de Pesebristas de Barcelona vén facendo desde 1863 e pode verse no Museo Frederic Marès. Ou coma o que Arturo Baltar fixo, durante moitos anos, en Ourense; un dos máis fermosos de España, aínda que non se coñeza. Coa promoción axeitada, a xente acudiría a Ourense a ver o belén de Baltar, como vai a Vigo a ver as luces de Abel Caballero.


Happy Holidays and Happy New Year from friends in cartoon

 Alexander Dubovsky
 Boris Erenburg
 Bernard Bouton
 Carlos Amorim
 Carlos Gonçalves
 Carlos Rico
 Dâmaso Afonso
 Edgar Vasques
 Elihu Duayer
Erdogan Basol

Happy Holidays and Happy New Year by Humorgrafe (Osvaldo Macedo de Sousa)



This page is powered by Blogger. Isn't yours?