Thursday, May 07, 2020
A puta Morte por Siro Lopez
Non teño nada, pero nada de nada, nadiña, contra as mulleres que exercen a
prostitución. No barrio de Esteiro, en Ferrol, onde nacín e medrei, había
varios prostíbulos e cando publiquei o libro “Xente na brétema”, no que evoquei
os personaxes populares naquel Ferrol de posguerra, os que protagonizaron a
historia máis íntima e entrañable da cidade, falei delas con afecto nalgunhas
páxinas.
Entón, por que nestas viñetas represento a Morte como prostituta? Por dúas
razóns. A primeira, porque tampouco teño nada contra a Morte, que é “unha
mandada” e fai o que lle encomendou aquel deus Yahvé, permanentemente irado,
cando a puxo no mundo. A outra é para actualizar as imaxes medievais das
“danzas macabras” ou “danzas da Morte”. Xa sabedes: a Morte, representada coma
un esquelete, invita á xente que leva a facer danzando o camiño ao Alén.
Pois se do que se trata é de desdramatizar o trance, eu, na vez de danzar con
ela, prefero dármonos un revolcón. Que mellor promesa de infinitos praceres que
a desta puta Morte, con miles de anos de experiencia e que non fai distingos
entre homes e mulleres?
Eu, para moitas virguerías non estou, pero se me atrae e me leva,
deixareille a iniciativae ata o que o corpo resista.