Saturday, April 18, 2020

Humor en tiempos de virus por SIRO LOPEZ


Cando o coronavirus era so unha ameaza recibín un wasap de Luis Piedrahita que dicía: «Si van varios en un ascensor, todos prefieren que a alguien se le escape un pedo que una tos». Días despois, coas primeiras infeccións, Moncho Borrajo envioume outro, igualmente ocorrente, pero máis crítico: «Estráñame que os políticos se contaxien. Non paran de lavarse as mans…». Desde entón todo o que me chegou foi humor anónimo, excelente en moitísimas ocasións. Un escéptico razoaba: «Nun país onde cada Noitevella nos teñen que explicar como comer as uvas, o do coronavirus pinta chungo». Ante a falta de papel hixiénico, alguén advertiu que se disparaba o prezo da berza e un optimista proclamou: «Hoxe voume dar un capricho: Gran reserva do 75. Papel Elefante». Claro que para optimista o que pedía mesura nas relacións sexuais: «Outra cousa a controlar é o tema da natalidade. Non podemos poñernos a follar todos á vez, porque dentro de nove meses colapsariamos a área de maternidade dos hospitais. Hai que follar por turnos e non deixarnos levar polo pánico». As moitas horas de convivencia das parellas foi tema recorrente. Ao comentar a obriga de mantérmonos a un metro doutras persoas, sen bicos, sen apertas, alguén concluía: «É como a vida de casado, pero con tos seca». E outro, con humor surrealista, confesaba: «Con isto do coronavirus levo seis horas falando coa miña muller, e resulta que tamén ela é de Castro Caldelas!». Un dos últimos que recibín mira o futuro con cru realismo: «Para anticuerpos, los que vamos a lucir este verano».
Quen pon na rede estas mostras de enxeño procura a risa do lector porque cre no poder terapéutico da risa para corpos, mentes e almas. Do poder curativo para o corpo dou eu fe desde os 18 anos, cando entrei no teatro Jofre de Ferrol para ver a compañía de revistas do cómico Cassen -o inesquecible Plácido da película de Berlanga- e rin tanto que entrei con gripe e saín sen ela. Algo faría tamén, non digo que non, a vedette Katia Loritz, en plenitude de beleza, porque ata que a vin na pasarela, a dous metros de min, non souben que hai mulleres así.
Pero, proceden as risas cando estamos a vivir a traxedia de centos de mortos cada día? Ese humor na rede non será desconsideración para os enfermos e as familias?
A filósofa xudea Chaya Ostrower fixo a tese de doutoramento sobre o tema O humor como mecanismo de defensa no Holocausto e recolleu o testemuño de numerosos superviventes, que coincidiron en afirmar: «Sen humor, suicidariámonos. A risa axudounos a sentírmonos humanos». O eminente psiquiatra austríaco Viktor Frankl, que pasou tres anos nos campos de Auschwitz y Dachau, escribiu: «O humor era unha arma da alma na loita pola supervivencia». No libro Voces de Chernóbil a escritora bielorrusa Svetlana Aleixiévich recolle as declaración dos afectados pola explosión da central nuclear, que falan da importancia do humor para enfrontarse á traxedia.
A min o humor váleme para superar o medo, burlándome do meu medo en debuxos coma o que ilustra este comentario. De momento, imos indo.

 

El premio Alvite distingue la trayectoria de Siro como caricaturista y articulista

La entrega del galardón, prevista para el 4 de mayo, se ha aplazado a causa del confinamiento por el coronavirus. LA VOZ REDACCIÓN 

La Asociación de Periodistas de Galicia (APG) ha distinguido la trayectoria profesional de Siro López Lorenzo con el premio de columnismo José Luis Alvite en su edición del 2020. La entidad reconoce así su trabajo «en cuanto articulista y caricaturista», que «cumple ampliamente con las condiciones para ser reconocido» con el galardón.
La entrega del premio estaba prevista para el próximo 4 de mayo en A Coruña —justo después del Día Mundial de la Libertad de Prensa— pero la actual situación de confinamiento a obligado a aplazar el acto. La APG tiene previsto mantener el mismo emplazamiento —la sede de la ONCE en A Coruña— pero la entrega tendrá que esperar a que las autoridades permitan la celebración de actos públicos.
Según comunica la APG, el premio Alvite reconoce cómo Siro amplió sus horizontes como artista al humor gráfico, el periodismo y la caricatura política. Este último género «lo acercó al gran público gracias a las viñetas diarias que publicó durante más de 20 años en La Voz de Galicia También ha destacado en su faceta de articulista de opinión que continúa realizando actualmente en el mismo periódico».
El premio, que carece de dotación económica —consiste en una estatuilla conmemorativa—, lo han recibido en sus cuatro ediciones anteriores Xosé Luís Barreiro Rivas, Ánxel Vence, Pepe Cora y Carlos Luís Rodríguez.



Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?