Sunday, January 19, 2020
Crónica Puntadas sen fío - Todo o que precisas é humor por Siro Lopez
A mañá do 15 de abril de 1931, en plena resaca da proclamación da
República, atopáronse en Madrid os escritores Josep Pla e Julio Camba. Levaban tempo sen verse e o catalán observou que o galego, ademais de
engordar algo, tiña a cara conxestionada e tambaleábase ao andar. Supuxo
que pasaría a noite celebrando o advenimento e Camba confírmoullo:
-¡Sí! –me
dice con un habla algo atropellada-. He venido a Madrid por lo de la República.
Aspiro a una embajada. Tengo méritos, creo yo, suficientes. He vivido casi toda
mi vida en el extranjero. Conozco varios idiomas. De joven fui anarquista.
Lerroux lo sabe y espero que lo tenga en cuenta.
Ao se despedir, Pla meditaba: «Que don Julio Camba
sería un buen embajador, está fuera de toda duda. Juega al póquer como los
ángeles».
Pero non foi e cando, semanas despois, coincidiron, un
Camba atristurado e irónico contoulle que nomearan embaixadores a moitos
intelectuais, pero non a el.
--Entonces
usted, señor Camba, ¿no ha sido considerado intelectual?
--No,
señor. He sido considerado un insignificante humorista.
Pasáralle a Cervantes cando quixo ser un dos
escritores que acompañaron ao conde de Lemos no virreinato de Nápoles. Os irmáns Argensola –cegatos os
dous- prometéranlle unha axuda que non chegou e, tempo despois, recordaríaos irónicamente
en «Viaje al Parnaso»:
Que tienen para mí, a lo que imagino,
la voluntad, como la vista, corta.
Hoxe, que as TVS encumbran aos
humoristas con talento e Zelenski chega a presidente de Ucrania; Beppe Grillo
gaña as eleccións en Italia; Tiririca é o segundo deputado máis votado na
historia de Brasil; Cervantes e Camba terían cadanseu programa e, se entrasen en
política, presidirían o Senado e o Congreso.
Nunca o humor foi tan valorado en España. O museo do Prado presenta unha
exposición de debuxos de Goya e, en paralelo, outra de El Roto, que interpreta
ao seu xeito certas escenas do xenio. Impensable en Galicia, por certo, malia
ser terra de humoristas e termos excelentes profesionais do humor gráfico.
A agudeza e arte de enxeño foi
sempre valorada no exercício da política e as actas do Parlamento falan de
confrontacións nas que os líderes
compiten en donaire. Non será así
na actual lexislatura, coa oposición encirrada en arranxar sesións apocalíticas
por . Coido que a resposta do Goberno non debería ser o cabreo,
a loita corpo a corpo, senón a risa que desarma e ridiculiza. Fíxoo Pablo Iglesias na sesión de investidura
en réplicas aos líderes do PP e VOX:
-Señor Casado, más Pérez Galdós y menos Pérez Reverte.
-Ha hablado usted, señor Abascal, del Leviatán que quiere crear la izquierda para que
algunos vivan de las subvenciones. Habiendo estado chupando del frasco de
Esperanza Aguirre tanto tiempo, creo que debería ser usted un poquito más prudente.
O día que Pablo Iglesias se entere de que a Guerra
Civil española non foi «entre bos e malos», será un parlamentario excelente e
divertido.