Friday, March 29, 2019

"O Filho da Mãe" do José Vilhena voltou a atacar, agora com os Bonifrates (Grupo de Teatro no Centro de Cultura de Coimbra) tendo-se realizado no dia 23 um Colóquio no Salão Brazil com Inês Brasão, Luis Guimarães, Alvaro Costa de Matos e Osvaldo Macedo de Sousa









Fotos da inauguração da exposição "Pintografias" de mms (Margarida Macedo de Sousa) na Galeria do Trevim da Lousã










Thursday, March 28, 2019

Tintin and the Brexit Plan



Wednesday, March 20, 2019

Gila - Cronica de Siro Lopes in Voz de Galicia



O pasado día 12 foi o centenario do nacemento de Miguel Gila, e os medios de comunicación recordaron as viñetas humorísticas que fixo para as revistas La Codorniz e Hermano Lobo e os monólogos que, teléfono en man, ofreceu nos escenarios de España e Hispanoamérica primeiro, e nos platós de televisión despois. Coma o dos grandes creadores, o humor de Gila non perde vixencia e cada nova xeración goza da orixinalidade, a graza e o enxeño con que engaiolou á miña, nos anos cincuenta e sesenta. Eu vino por primeira vez en 1958, na TVE inaugurada dous anos antes, que emitía cun sinal que non sobrepasaba os límites de Madrid. En 1957 a Seat empezara a fabricar o 600 e Gila saíu na pantalla coa gorra calada ata as orellas e rindo con risa enorme, para dar a imaxe de pailán. Logo colleu o teléfono e chamou:
-Oiga, ¿es la fábrica de coches pequeñajos, esa de Barcelona?
-Pues llamo porque estoy interesao en un coche. Sí. ¿Cuánto cuesta?
-¿Tantoooo…? Y si pongo yo la chapa pa la carrocería, ¿me harán un descuento…?
-Es que tengo en casa una lata de membrillo y podrían aprovecharla.
-Otra cosa. El motor, ¿cuántos caballos tiene?
-¿Un perrooo…? Entonces, ¿qué se le pone: gasolina o huesos?
O monólogo, divertidísimo na súa interpretación, seguía nesta liña varios minutos, pero foi visto e non visto, porque nunca o repetiu e os fogares de Madrid con televisor eran escasísimos.
Gila foi un cómico extraordinario, pero hoxe quero recordalo cunha vivencia allea ao humor, que lle oín contar a mediados dos anos noventa. Circulaba por Madrid no seu coche e, ao se deter nun semáforo, ollou, distraído, a un motorista moi novo que parara a carón del. Ao sentirse observado, o rapaz berroulle: «¿Qué te pasa?». Gila ofreceulle un sorriso de boa vontade como resposta e o mozo cuspiulle na cara e arrincou a moto. Gila contábao e comentaba: «Hay mucha violencia. En la juventud hay mucha violencia».
O mesmo diría hoxe ao saber que Andrés Manos Ligeras, o rapaz de Pontevedra que en 2015 zorregou unha puñada ao presidente Rajoy, foille ao lombo, hai poucos días, a un militante de Vox, que repartía propaganda do partido, sen que a esquerda condenase a agresión. Gila pensaría -supoño- que cambiou a nosa circunstancia e os españois xa non queremos matarnos uns a outros, pero da lección da Guerra Civil aprendemos pouco. Hai un mes podería coller o teléfono e facer outro monólogo:
-¿Es la guerra?
-¿El Parlamento? Bueno, vale igual.
Agora tampouco entendería a violencia verbal dos candidatos a presidir o próximo goberno, convencidos de que á Moncloa non se chega con programas, senón con aldraxes. Pasmaría co xuízo aos independentistas cataláns, no que acusados e representantes do Goberno negan a violencia propia e denuncian a dos outros, e vería unha metáfora do procés naquel abrigo de don Antonio Machado que el chamaba La venganza catalana porque fora fabricado en Cataluña, pesaba moito, abrigaba pouco e podía cepillalo o día enteiro, que sempre lle quedaba máis po do que lle quitaba.
E non digo nada da violencia machista, da pederastia e das outras violencias nas que non cabe o humor, porque Gila sabía ben que sen humor non hai esperanza.


Tuesday, March 19, 2019

Dia 23 inaugura pelas 15h na Sede do Jornal Trevim da Lousã a exposição "Pintografias" de MMS (Margarida Macedo de Sousa)



COLÓQUIO José Vilhena: um humor fora de série Dia 23 de março de 2019 Salão Brazil-Coimbra


PROGRAMA

14.30h – PAINEL  I
             Luís Guimarães, In memoriam do José Vilhena
Inês Brasão, «Deixa-te de histórias e sê boa para mim.» As mulheres em José Vilhena

Moderador: António Pedro Pita (CEIS 20)

15.45h – INTERVALO

16.15h – PAINEL  II
             Álvaro Costa de Matos, A revolução no “Humorismo Maldito”:
o caso da revista “A Gaiola Aberta”, de José Vilhena (1974-1975)
Osvaldo Macedo de Sousa, Vilhena e a Grotesca Sociedade Portuguesa

Moderador: António Rochette Cordeiro  (CEIS 20)

18.00h – Visita à exposição “CAPAS & CONTRA-CAPAS - desenhos dos livros de José Vilhena publicados antes de 1974”, na Casa Municipal da Cultura

21.30h – Representação da peça “O Filho da mãe continua...por aí”, adaptação da trilogia do filho da mãe, de José Vilhena, adaptação e encenação de João Paulo Janicas, pela Bonifrates, no seu Teatro-estúdio da Casa Municipal da Cultura Coimbra


Organização: Bonifrates, Centro de Estudos Interdisciplinares do Século XX da Universidade de Coimbra – CEIS20 e Salão Brazil

Apoio da Câmara Municipal de Coimbra
Contacto para informações: cooperativabonifrates@gmail.com; 916615388


Tuesday, March 12, 2019

Teta! (Crónica de Voz de galicia) por Siro Lopez


Despois das primeiras eleccións democráticas publiquei unha viñeta na que un home de mediana idade, pequeno, calvo e con tirantes aparecía compunxido nunha saliña chea de mobles, lámpadas, reloxos, cadros, plantas, alfombras, cortinas e figuriñas de Sargadelos. O pé dicía: «O home que votou polas esquerdas sen saber que era de dereitas». Reflectía a situación das persoas que, por antifranquistas, se tiveran por «progresistas» e logo, ante as vindicacións de feministas e homosexuais, as manifestacións de traballadores en folga con actuación intimidatoria dos «piquetes informativos» e a España das autonomías, recoñecéranse «conservadores». O caso máis dramático desta clase de erro debe de ser o de Pío Moa, quen, despois de militar nunha organización terrorista contra o franquismo, descubriuse franquista; o máis cómico, o dese home que militou no Bloque, foi xefe de prensa da CIG e agora, desde Vox, explica nun vídeo que Núñez Feijoo é nacionalista, admira a Castelao, pai do separatismo galego, e proscribe a Vicente Risco e Filgueira Valverde, figuras insignes da cultura galega. É tan divertido que, véndoo, río a gargalladas e fago meus, con mínima achega persoal, os versos de don Nuño a Bertoldino en La venganza de don Mendo: «Ese canto, juglar, es un encanto. / Hame gustado desde un principio, / y es prodigioso que entre tanto canto / sea todo ficticio, desquicio y artificio».
Estou certo de que fan máis votantes de Vox os pregoeiros das festas en Compostela coas súas blasfemias -por certo, onde os atopan?- ca este fabulador que enrestra trolas, despropósitos e parvadas coma se fosen barallocas.
Trocos radicais de ideoloxía, sinceros, hóuboos sempre, e bos exemplos son os de dous case paisanos meus: Óscar Pérez Solís e Santiago Montero Díaz. Digo «case» porque Pérez Solís naceu en Asturias, pero en Ferrol pasou a infancia e a adolescencia, e Montero Díaz era de Mugardos, na outra beira da ría. Os dous foron comunistas. Pérez Solís, fundador e secretario do PCE, rematou na Falanxe, a carón de José Antonio e Hedilla; e Montero Díaz, un dos intelectuais máis sólidos da España do século XX, en opinión de Xesús Alonso Montero, deixou o PCE polas JONS de Ramiro Ledesma. Capelán falanxista era o xesuíta Padre Llanos, o de El Pozo del Tío Raimundo, que pasou de confesar a Franco e tomar con el o té no Pardo a erguer o puño nos mitins da Pasionaria e Carrillo.
Cousa distinta son os cambios de teta. O principio ético dos dispostos a vivir, chucha que chucha, da política exprésase no lema «en caso de duda, la más tetuda»; por iso, en 1982, cando o PSOE gañou as elección con maioría absoluta, foron lexión os franquistas que deixaron a conversión de san Paulo nunha parvada, ao se descubrir socialistas de toda a vida. O espectáculo dos que hoxe deixan o PSOE e o PP para zugar nas tetas de C’s e Vox non é menos ridículo, nin noxento.
Tamén a fidelidade a unha ideoloxía pode mover a cambios profundos. Durante a II Guerra Mundial un de Ferrol foi ao xulgado para trocar o nome.
-¿Cómo se llama usted?, preguntoulle o xuíz.
-Adolfo Mierda.
-Hombre, sí. La ley autoriza el cambio de nombre si este puede ser causa de burla. ¿Cómo quiere llamarse?
-Antonio Mierda.
Era aliadófilo e anoxaba a Hitler.


This page is powered by Blogger. Isn't yours?