Sunday, April 22, 2018
Crónica Puntadas sen fío - Ada Colau e o almirante Cervera por Siro (La Voz de galicia)
Burrada enorme,
si; pero se a alcaldesa Ada Colau fose tan lercha como a presidenta da
Comunidade de Madrid, xa tería convocado os medios de comunicación para declarar
a berros: - Va ser una confusió, un
malentès, un error d'apreciació! E mostraría o papel que a levou á
confusión.
A alcaldesa non
tiña idea de quen foi o almirante Cervera, pero pensaba que todos os almirantes
con rúas en España foron fachas. Neste caso quixo confirmalo e pediu unha
síntese das andanzas do almirante Cervera na Guerra Civil e na posguerra. E fíxéronlla:
Guerra Civil:
18 de xullo de
1936. O Almirante Cervera estaba
en Ferrol e, aínda que quedou ao servizo da República, pasou
ao bando franquista. Foi coñecido como por minar
portos e atacar cidades costeiras.
9 de agosto confundiu
e afundiu o yate inglés Blue Shadow, que levaba súbditos británicos
de Bilbao ao Reino Unido.
29 de setembro,
enfrontouse ao destrutor republicán Gravina, con tan mala
puntería que disparou 292 proxectís e só acertou con dous.
Febreiro de
1937. Na batalla de Málaga, bombardeou a poboación que fuxía pola estrada da
costa e causou numerosas vítimas. Xullo de 1938. Participou no bombardeo de Valencia.
Posguerra.
Xullo de 1939.
Trasladou ao conde Ciano, xenro de Mussolini e ministro
de Asuntos Exteriores de Italia, de San Sebastián a Santander na visita que
fixo a España para entrevistarse con Franco.
Aquí
a alcaldesa xa botaba fume: -Jo! Traïdor,
incompetent, cruel i més amb el Ciano. Fatxa, fatxa, fatxa!
E cando leu que
en xullo de 1965 apóstolo San Pablo, para a conmemoración da súa chegada
á península>, estoupou: -Hòstia, tu. I a més de l'Opus!
Todo foi un tremendo
disparate porque o almirante Cervera, heroe da Guerra de Cuba, morto en 1909,
deu nome ao buque que protagonizou os feitos que lle pasaron á alcaldesa.
-Me l'han ficat doblegada! Seica dixo cando caeu da burra.
Tamén errou Inés Arrimadas ao cuestionar
a cualidade artística de Pepe Rubianes, monologuista e director teatral. El e Moncho Borrajo,
galegos ambos, foron os cómicos que levaron con grande éxito aos nosos escenarios
un humor provocador, ao xeito do norteamericano Lenny Bruce, que Dustin Hoffman interpretou na
película Lenny, en 1974.
E como non hai dous sen tres, errou quen fixo o texto da placa de Pepe
Rubianes, que naceu en Vilagarcía de Arousa ou en Villagarcía de Arosa, pero
non en Villagarcía de Arousa, alcaldessa,
si us plau!