Monday, March 19, 2018
Puntadas sen fío A Revolución Pensionista por Siro (in Voz de Galicia)
Poucos días despois de proclamarse a Segunda República atopáronse en Madrid
os escritores Julio Camba e Josep Pla. O catalán acudira á capital para exercer
de xornalista e o galego coa esperanza de obter unha embaixada. Non a conseguiu
e cando volveron encontrarse, Camba, amoucado e enrabechado, augurou o fracaso
da República por confiar en incompetentes. Tamén en 1977, despois das primeiras
eleccións democráticas, chegou ao Parlamento unha maioría de deputados que, por
falta de experiencia e de formación política, só podían apretar o botón nas
votacións e procurar non moverse para saír nas fotos dos respectivos partidos,
pero os electores demócratas non lles pediamos máis. Abondábanos que fosen
honestos e desmontasen o franquismo. E así foi mentres gobernou a UCD. Despois
desapareceu o idealismo e a converteuse en , con privilexios que para si quixeran os brahmáns na India.
Certo que desde febreiro de 2016 deputados e senadores xa non teñen un plan
de pensións pagado con diñeiro público, nin seguros de vida e invalidez, nin
axudas ás súas viúvas e orfos, nin a posibilidade de seguir en alta na
Seguridade Social se deixan de selo con idades superiores aos 55 anos. As Mesas
do Congreso e Senado suspenderon eses privilexios cando varios deputados de
Esquerda Unida e UPyD renunciaron a eles e deixaron aos demais en evidencia; pero
quédanlles máis e queda unha actividade parlamentaria degradada, corrompida, da
que as vítimas da crise nada poden esperar. O debate das pensións fíxome
lembrar a un paisano meu, coñecido por , que pasaba fame negra
e un día botou man a un salchichón nunha tenda de ultramariños e saiu correndo.
Os gardas pillárono, levárono ao cagarrón e foi xuzgado por roubo. En
intervencións elocuentísimas, o fiscal presentouno como e o avogado como . Picáronse
os letrados e cruzáronse espléndidas pezas oratorias e, ao remate, cando o xuiz
preguntou ao acusado se tiña algo que dicir, o Triste, home de pouquísimas
palabras, comentou: -¡Moito falan! ¡Falan de cheos!
Tamén as nosas señorías e os xubilados, cansos de
oílos, enchen rúas e prazas en toda España para esixirlles a satisfacción duns
dereitos gañados nunha vida de traballo. É a Revolución Pensionista, que debe
levar á rexeneración moral dun sistema político corrupto, do que todos somos
responsábeis. Eu xa me afiliei a unha asociación de xubilados e a miña pancarta
advirte: ¡VOLVEMOS!