Monday, May 23, 2016

Segunda Festa da Caricatura Cidade de Ferrol 2016 (organizacion Club de Prensa)


Benqueridos amigos: A Segunda Festa da Caricatura Cidade de Ferrol , que organiza o Club de Prensa, presenta novidades importantes:
Recuperación da figura do artista ferrolán Juan Carlos Alonso (1886-1945), que chegou a ser considerado pola crítica o máis orixinal caricaturista de Sudamérica. Durante o mes de xullo presentarase en //Afundación unha ampla escolma da súa obra, que permitirá coñecer o labor de ilustrador, viñetista, retratista e, especialmente, de caricaturista, que tanto prestixio lle deron no mundo. (Véxase semblanza biográfica e artística adxunta).
Creación do , para profesionais e afeccionados, dotado con 1000 euros e trofeo acreditativo.
Creación do para menores de vinte anos, dotado con 600 euros e trofeo acreditativo.
O coruñés Álvaro Cebreiro, o máis cualificado caricaturista dos moitos que agromaron en Galicia, baixo o maxisterio de Castelao, estivo vencellado a Ferrol pola amizade que mantivo con numerosos intelectuais como o pintor Imeldo Corral, o primeiro alcalde Xaime Quintanilla, ou o pintor e profesor Xosé Leyra Domínguez. (Véxase semblanza biográfica adxunta).
Durante o mes de xullo celebraranse mostras de caricatura de Juan Carlos Alonso e dos finalistas nos certames, conferencias, para rematar cunha exhibición de caricaturistas galegos e portugueses.
As Bases do Certame poden ser consultadas na web do Club de Prensa de Ferrol: www.clubdeprensadeferrol.com , e máis concretamente en: http://www.clubdeprensadeferrol.com/festadacaricatura/bases.html  
Desexando que vos resulte de interés e vos animedes a participar, recibide un cordial saúdo,
Siro López Lorenzo
Presidente


Bases do Certame de Caricatura

O Club de Prensa de Ferrol, convoca o Segundo Certame da Caricatura , coas seguintes bases:
1. Convócanse dous premios, para maiores e menores de 20 anos.
2. Os primeiros optan ao Premio Juan Carlos Alonso, dotado con 1000 euros e trofeo.
3. Os participantes que non teñan cumpridos os vinte anos ao se facer pública esta convocatoria, optan ao Premio Álvaro Cebreiro, dotado con 600 euros e trofeo. Quen sendo menor de vinte anos queira optar ao Premio Juan Carlos Alonso, pode facelo.
4. Nas dúas categorías poden participar caricaturistas profesionais e afecionados de calquera nacionalidade.
5. Cada participante presentará dúas caricaturas. Unha terá como modelo o escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero, de quen o Club de Prensa facilita fotos (ver “Galería de imaxes de Ricardo Carballo Calero” na web). A outra caricatura será de libre elección do participante.
6. As caricaturas enviaranse ao correo info@clubdeprensadeferrol.com, en formato dixital, con dimensións DIN A3, en JPF ou TIFF e 300 d.p.i. de resolución, sen sobrepasar os 5Mg.
7. Prazo de presentación: O prazo de recepción dos traballos presentados remata ás 24 horas do día 15 de xullo de
2016.
8. Fallo: O fallo do Xurado farase público o 26 de xullo de 2016. As decisións do Xurado serán inapelabeis.
9. Composición do xurado: Compoñen o xurado os caricaturistas profesionais de recoñecido prestixio David Pintor, Xaquín Marín e Siro López Lorenzo, presidente do Club de Prensa de Ferrol.

10. Os traballos finalistas serán expostos nunha mostra colectiva no edificio de //Afundación en Ferrol. Os participantes finalistas recibirán un diploma acreditativo. 



Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?