Tuesday, May 29, 2012

“ Picasso na Galería Besada ” - 31 de Maio - Así mesmo, e neste mesmo acto, realizaremos unha homenaxe a dous pintores locais cunha longa traxectoria artística en Galicia: “A caricaturización de Gogue fronte ao hiperrealismo de Miguel Besada”.

“ Picasso na Galería Besada ”
O vindeiro xoves 31 a Galería Besada inaugura unha obra de Picasso, unha acuarela que se encadra na súa etapa de maior esplendor artístico e cun forte carácter infantil.
Picasso nace en Málaga en outubro de 1881. Os seus primeiros traballos realizounos na Coruña con apenas dez anos, onde residiu durante algúns anos. Con 14 anos ingresou na Escola de Belas Artes de Barcelona, cidade onde inicia a súa etapa formativa plena. Pacifista e comunista, recreou a obra reivindicativa máis coñecida do mundo e que se converteu nunha icona da defensa das liberdades contra os terribles sufrimentos da guerra: o “Guernica”.
Pablo Ruiz Picasso é considerado un dos mellores artistas do século XX, e a súa obra está presente en múltiples museos e coleccións de todo o mundo.
A partir das 21.00 do xoves 31 de maio na rúa Concepción Arenal 1b, convidámoste a participar na presentación desta obra.
Así mesmo, e neste mesmo acto, realizaremos unha homenaxe a dous pintores locais cunha longa traxectoria artística en Galicia: “A caricaturización de Gogue fronte ao hiperrealismo de Miguel Besada”.

--
Carlos Álvarez Besada
Dirección Galería Besada
638025023
www.galeriabesada.com


Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?