Saturday, February 15, 2020
Morrer de amor, ou case Por SIRO LOPEZ (VOZ DE GALICIA)
Cando me ten nos seus brazos e me fala quediño,
vexo a vida en rosa», cantou Édith Piaf, en 1946, e «La vie en rose» converteuse
nun himno ao amor en todo o mundo, quizais porque a inmensa maioría dos mortais
vimos, ou cremos ver, algunha vez a vida en rosa. Os humoristas facemos mofa do
amor, aparentando unha sabedoría que non temos; pero é leria, alarde de cinismo
e de enxeño para facer rir. Unha das protagonistas da película«Delitos e faltas», de Woody Allen, reflexiona: «O do meu ex foi amor
a primeira vista. Debinlle de botar outra ollada». Está moi ben, ten graza;
pero os máis dos filósofos e estudosos do amor coinciden en que o gran amor é o
do frechazo, e eu son tamén desa opinión por propia, marabillosa e inesquecible
experiencia.
Chamábase Mariconchi e era a nena máis linda que
vira nos meus dez anos de vida. De pel branca como a Brancaneves do conto,
ollos grandes e inquedos, boca debuxadiña e fresca, falaba e ría sempre. Foi o
meu primeiro grande amor. Eu xa tivera outras experiencias amorosas; xa
namorara de Liz Taylor, Yvonne de Carlo, Leslie Caron, Carmen Sevilla…, pero o
de Mariconchi era outra cousa.
Todo empezou a tarde do 31 de agosto do 1953, día
en que Ferrol celebra a festa de San Ramón en honra do marqués de Amboaxe. No
Cantón había un remuíño de xente, pero só tiven ollos para ela e ela olloume
tamén, sorriume e non deixou de mirarme ata que falamos. Foi un amor a primeira
vista, un frechazo que nos fendeu o corazón pola metade; e aquela noite, nos
fogos de Amboaxe, eu sabía que as tracas, as bengalas e o castelo de luces que
estoupaban no ceo, eran para nós.
O idilio proseguiu felizmente nos próximos días, co
meu amigo Arturito e a súa amiga Tonucha de «carabinas», e se eu coñecese o
texto de Romeo e Xulieta avalaría a Shakespeare cando afirma que os namorados
poden camiñar sobre teas de araña, baixo a caloriña do verán. Porque eu sentía
o amor dentro de min como unha acumulación de gases baixo o diafragma, que me
facían levitar; e se pensaba nela no xantar, perdía o apetito; e de noite non
durmía sen soñar, esperto, mil aventuras románticas con ela e eu de
protagonistas. Todo, todo ao redor de min era de cor rosa.
Unha tarde veu triste e explicoume que non podiamos
seguir porque o irmán pequeno -un alevín de canalla, quen sabe que sería del!-
chivárase ao pai, que lle ordeara cortar de contado a nosa relación, ou non a
deixaría saír de casa. Non esquecín as súas palabras de despedida:
-¡Lo siento muchísimo, porque me gustas
tanto…! Tonucha e Arturito
foron testemuñas daquel momento dramático.
Arturito e eu volvemos a Esteiro, o noso barrio.
Sentíame o ser máis desgraciado do mundo e nin andar podía coa dor terrible que
me abranguía o peito. Pero ao chegarmos a La Ibense Arturito propúxome paparmos
uns xeados, e pedín un de turrón. Coa primeira lambetada a anguria mermou algo,
e o mesmo coa segunda e as seguintes. O que quedaba do día funo levando como
puiden, pero estou certo de que sen o xeado de La Ibense aquel día morrería de
amor.
Friday, February 14, 2020
The 7th INTERNATIONAL CARTOON GATHERING - EGYPT 2020
(To be held in 12th
July 2020)
The Ministry of Culture in Egypt, in cooperation with
Egyptian Caricature Association organizes The 7th International
Cartoon Gathering.
Eligible
Participants:
• Opened to all artists from all over the
world above 18 years of age.
Theme:
Theme:
1-
Music.
2-
Caricature: Egyptian singer (Umm Kulthum).
Technical Criteria:
·
All
artworks to be prepared at 300 dpi.
·
Size
A3 (297mmx420mm) in JPEG format.
·
Entries:
Max. 3 cartoons.
·
Submitted
works can be in color or black and white, in any style or technique.
·
Submitted
works must not violate copyright laws.
·
By
virtue of submitting an entry, the entrant certifies the work as his own and
permit the organizers to have full right to reproduce all or a part of the
entered material free of charge for publication and/or display in media related
to the exhibition.
Submission:
• Send your cartoons
and your CV (Name - Address - Phone number - Email address) via the following
e-mail address:
• Deadline: 15th April 2020
• Opening Ceremony: 12th July 2020
• All participants
whose works will be exhibited will receive a digital catalogue and a digital certificate
of participation.
For more details please visit:
Or
contact us at:
The
President of the Gathering:
Gomaa Farahat
The
Coordinator of the Gathering:
Fawzy Morsy