Thursday, September 26, 2019
Dia 28 de Setembropelas 17h inaugura a exposição "Sorrindo com a Paz" na Biblioteca Municipal da Lousa (uma produção Humorgrafe) integrada na 15ª Festa da Caricatura da Lousã (Trevim)
Pepe Pelayo expone sus collages humorísticos en Portugal (Momo - Museu do Circo Foz de Arouce) até 11 de Novembro
Wednesday, September 25, 2019
Tertúlia "Sorrindo com os Palhaços" no Momo - Museu do Circo a 14 de Setembro. Moderada por Osvaldo Macedo de Sousa e intervenções de Pepe Pelayo, Detlef Schaf, Eva Cabral (Marimbondo). Mireya Silva e Zé Oliveira
Osvaldo Macedo de Sousa, Pepe Pelayo, Detlef Schaf e Eva Cabral
Intervenção de Mireya Silva Pelayo
Intervenção de Zé Oliveira
Detlef, Pepe Pelayo e Eva Cabral
Inauguração da exposição Fhotochistesis de Pepe Pelayo no Momo - Museu do Circo (Foz de Arouce) Lousã no dia 14 de Setembro
Momo - Museu do Circo em Foz de Arouce (Lousã)
O artista chileno/cubano Pepe Pelayo mostrando sua habilidades circenses
Pepe Pelayo com o director do Museu Detlef Schaff (Marimbondos)
Pepe Pelayo com Alex Pelayo, Zé Oliveira e Osvaldo Macedo de Sousa
Pepe Pelayo cortando a fita da sua exposição
Pepe Pelayo con os caricaturistas Ricerdo Ferreira e Agostinho Pereira e Osvaldo Macedo de Sousa comissário da exposição
Hora dos discursos
Zé Oliveira e Eva Cabral (Directora do Museu - Marimbondos)
Inauguração da 15ª Festa da Caricatura do Trevim - Lousã 2019 - Inauguração da exposição "Trevim no espelho do Humor" de Zé Oliveira na sede do jornal Trevim dia 14 de Setembro
Altura dos discursos do Presidente do Trevim Paulo Peralta e da Vereadora da Cultura da Lousã
o artista Zé Oliveira discursando
O artista cubano/chileno Pepe Pelayo escutando os discursos e depois dizendo algumas palavras
reunião de caricaturistas: Carlos Sêco, Osvaldo Macedo de Sousa que não é caricaturista), Agostinho Pereira, Ricardo Ferreira e Zé Oliveira
Tuesday, September 24, 2019
Gila no 10-N por Siro Lopez in Voz de Galicia
Quino,
o gran humorista gráfico arxentino, definíase en 1991 como un home tímido e
serio que ve a vida en cor Guernica de Picasso, e engadía: «El único humorista
que me hace reír es Gila. Con él y con sus dibujos disfruto como no lo hago con
nadie». Supoño que Gila recibiría esa declaración como un valioso premio porque
a viñeta foi sempre prioritaria no seu facer de humorista e así o recoñeceu en
1995, no libro Y entonces nací yo: «Más allá de mis actuaciones,
lo que más amo es el dibujo humorístico, que sigo y seguiré practicando».
Tamén
eu rin con moitas viñetas de Gila, de personaxes grotescos e trazo infantil, en
perfecta simbiose co texto; e nas conferencias que imparto sobre o humor mostro
unha do comezo da Transición que reflicte a peculiaridade daquela realidade
social. É a dun matrimonio burgués que comenta a un progre: «Pues nosotros también somos
de izquierdas, pero todavía no».
No
prólogo do libro Miguel Gila, editado en 2011, Forges evoca o programa de radio
que, en 1954, Gila facía en directo na SER: «A partir de ese momento,
todo lo gris del franquismo cotidiano desaparecía, convertido en lo multicolor
del ingenio, la sonrisa y la ensoñación». Nese prólogo, Forges afirma que
as maxestades humorísticas españolas, os Reis Magos do humor, son Cervantes,
Quevedo e Gila. E remata: «¿Admiración excesiva? Ninguna admiración puede ser
excesiva si se trata de Miguel Gila».
Por
que falo hoxe de Gila se xa o fixen en marzo, no centenario do seu nacemento, e
ata recordei un monólogo inédito? Por estraña asociación de ideas, non podo
deixar de relacionar o fracaso da negociación política para formar goberno e a
convocatoria de novas eleccións, cos seus monólogos disparatados e
surrealistas. Vexo a Pablo Iglesias, co casco militar e o teléfono de Gila,
chamando a Pedro Sánchez: «¿Es el enemigo? Que se ponga». Pero o
presidente interino non se pon e non hai diálogo, nin monólogo. Véxoo
rexeitando, indignado, a vicepresidencia social e os tres ministerios que Pedro
Sánchez lle ofrecera en xullo, porque lle pareceron «carteiras florero», e
venme á mente a imaxe de Gila na guerra, protestando porque lle mandaron dous
canóns sen buraco.
Penso
nos cinco meses perdidos nun diálogo de xordos, nos pulsos botados a brazo
partido, e vexo a Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera e Pablo Casado
no campionato de forza que facían no pobo de Gila, cando poñían no medio da
praza una pedra enorme e eles, cunha carreiriña de quince metros, crebándoa a
cabezazos.
Percibo
a frustración do electorado, convocado por cuarta vez en catro anos, e descubro
a Pedro Sánchez co uniforme de bombeiro e o teléfono de Gila, chamando a unha
muller de nome Paciencia: «¿Usted que nota, como calor, como sofoco,
no? Eso va a ser un incendio sí».
Sen
lume, pero incendio é; e a cidadanía bota fume con eses 140 millóns que se van
gastar o 10-N, para sumar 540 en catro anos.
Buscaba
o remate para este artigo cando Moncho Borrajo me enviou unha viñeta da súa
autoría sobre as próximas eleccións, na que a urna ten forma dun par de nádegas
en pompa e os electores introducen as papeletas pola regaña. Podería ser de
Gila.