Friday, March 09, 2018

"Falemos de caricatura" de Siro Lopes e Felix Caballero




Já está á venda o libro, "Falemos de caricatura",de Felix Caballero y Siro, publicado por Xerais. É un completo tratado da caricatura en forma de entrevista, profusamente ilustrado en cor con caricaturas de Siro e doutros autores, moitas delas históricas.
Siro é, sen dúbida, o referente principal da caricatura en Galicia, mais non só desde o punto de vista práctico, da súa execución, senón tamén teórico, do seu estudo. E non só en Galicia. Dubido que haxa en España moitas persoas que saiban máis ca el.
Tiña escrito bastante sobre o tema, mais dunha maneira dispersa ou nun libriño didáctico para nenos pubilcado xa hai moitos anos. Agora, en "Falemos de caricatura", verte todo o seu saber sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico: o concepto, a orixe, o desenvolvemento histórico, os tipos, as características, os grandes mestres, o panorama en Galicia….


Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?